María Jesús Álvarez Sánchez
Presidenta da organización
As Bibliotecas Públicas Municipais (BPM) son un dos instrumentos fundamentais para o fomento e dinamización
cultural da sociedade e a canle que máis preto se encontra dos cidadáns no seu acceso democrático e igualitario
á cultura, información, formación e ocio, tarefa e responsabilidade pois dos bibliotecarios municipais.
Neste senso, a “Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia”, nace logo de varias xuntanzas ao
longo destes últimos catro anos, motivada pola necesidade de dar respostas ás constantes e coincidentes
revindicacións dos profesionais que para ofrecer un bo servizo aos cidadáns, encontrámonos con múltiples dificultades.
Logo da súa constitución o 19 de xuño de 2010 en Santiago de Compostela e rexistrada xa oficialmente como
asociación profesional, contamos co respaldo dun amplio número de bibliotecarios municipais de toda Galicia,
o que constitue un dos nosos principais motores.
O contexo no que se encontran as BPM dependentes da Administración Local, produce un gran abano de
situacións laborais precarias, agravios comparativos, aillamento profesional e outro tipo de penurias
impropias dun sistema bibliotecario de calidade do século XXI.
A crise, lonxe de ser unha excusa para o recorte do noso labor e promoción profesional, ben a ser
un aliciente para potenciar, ahora máis que nunca, a figura do bibliotecario municipal, como
profesional da información e intermediario entre as NTIC e a sociedade. Nesta disxuntiva,
temos a obriga de dignificar tanto a figura do
BIBLIOTECARIO MUNICIPAL,
como das
BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS,
e procurar un maior entendemento entre todos nós, establecendo cauces de comunicación e asistencia,
cuns fins claros (art. 5.1. dos Estatutos):
-
Representación, xestión, defensa e fomento dos intereses económicos, sociais e profesionais dos
seus membros e o asesoramento dos mesmos.
- Promover a mellora das condicións xerais e particulares para o desenvolvemento da actividade
profesional dos asociados, así como a unificación de criterios e sistemas servindo con obxectividade
aos intereses xerais no marco dun Estado de Dereito.
-
Reforzar e consolidar a figura profesional do Bibliotecario Municipal.
-
Promover e mellorar a formación profesional e a colaboración entre a Asociación e as
Institucións encadradas no noso ámbito.
-
Labores de representación ante os Organismos galegos e nacionais.
-
Favorecer iniciativas que axuden á promoción das BPM e aos bibliotecarios galegos.
Como presidenta da “Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia”, quero animarvos a
colaborar neste proxecto ilusionante e integrador, a denunciar as situacións inxustas, a expresar as vosas
opinións e suxerencias. A voz dos bibliotecarios municipais será dende xá escoitada en voz alta e clara é
será a voz da nosa asociación. Todos somos útiles e imprescindibles e quédanos un apaixonate camiño por
percorrer… pero xuntos o conseguiremos.