A Asociación de Bibliotecarios Municipais de Galicia estrea páxina Web
Con esta nova páxina web pretenden dar un novo servizo de asesoramento ó bibliotecarios municipal, así como espallar toda a información relacionada co mundo das bibliotecas.
9 de maio de 2011
“A ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE BIBLIOTECARIOS MUNICIPAIS DE GALICIA” nace o 19 de Xuño de 2010 logo de varias xuntanzas ao longo destes últimos anos e motivada pola necesidade de dar respostas ás constantes e coincidentes reivindicacións dos profesionais das bibliotecas municipais.

As Bibliotecas Públicas Municipais (BPM) son un dos instrumentos fundamentais para o fomento e dinamización cultural da sociedade e a canle que máis preto se encontra dos cidadáns no seu acceso democrático e igualitario á cultura, información, formación e ocio, tarefa e responsabilidade pois dos bibliotecarios municipais. Neste senso, a “Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia”, nace logo de varias xuntanzas ao longo destes últimos catro anos, motivada pola necesidade de dar respostas ás constantes e coincidentes revindicacións dos profesionais que para ofrecer un bo servizo aos cidadáns, encontrámonos con múltiples dificultades..

Logo da súa constitución o 19 de xuño de 2010 en Santiago de Compostela e rexistrada xa oficialmente como asociación profesional, contamos co respaldo dun amplio número de bibliotecarios municipais de toda Galicia, o que constitue un dos nosos principais motores.
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org