Mª JOSÉ VILLAR DA BIBLIOTECA DE REDONDELA SIGUE A INFORMARNOS.
PROXECTO DE COOPERACIÓN CON CABO VERDE
16 de outubro de 2015
A compañeira da APBMG, Mª José Villar, auxiliar das Bibliotecas Municipais de Redondela, está durante este mes de Outubro traballando nunha biblioteca de Cabo Verde, dentro dun programa de cooperación.

A súa estadía nesta biblioteca, na que está a traballar xunto co seu responsable, débese a un programa do Fondo Galego de Cooperación, Vacacións con Traballo, que xa leva poñéndose en marcha 10 anos.

Vacacións con Traballo é un é un programa de sensibilización e de cooperación técnica dirixido ás/aos traballadoras/es da administración local galega asociada ao Fondo Galego, que teñen así a oportunidade de desprazarse ao Sur para apoiar técnicamente aos colaboradores estratéxicos do fondo. O nome do programa refírese a que este desprazamento se produce no mes de vacacións do traballador, que renuncia así ao seu descanso persoal para embarcarse nunha colaboración deste tipo.

A novidade é que esta é a primeira vez que unha das actividades de cooperación técnica de Vacacións con traballo se desenvolve no eido da biblioteca municipal, área que, como pode comprenderse, resulta de grande interese para a nosa asociación.

A nosa compañeira Mª José, xa leva dúas semanas a traballar na biblioteca Cámara municipal de Santa Cruz, na illa caboverdiana de Santiago. Alí está a colaborar na posta en marcha dunha base de datos para o catálogo desta biblioteca, mais tamén está a traballar na reorganización do fondo bibliográfico deste centro e a acadar axudas dentro dos centros escolares para a dinamización da biblioteca.

Dentro desta labor, a nosa compañeira achegouse ata a Biblioteca Nacional de Cabo Verde, principal biblioteca do país, situada en Praia, para entrevistarse coas súas téncnias para acadar axuda para esta biblioteca municipal.

------------------------

Podedes ver aquí algunhas novas no blog das Bibliotecas Municipais de ¨Redondela:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2015/10/primeiro-contacto.html
Os compañeiros e mais eu estamos a cubrir as nosas novas no blog de Vacacións con Traballo. Velaquí as novas dende a cámara municipal de Santa Cruz:

https://vacacionscontraballo.wordpress.com/category/blogs-2015/cv-santa-cruz/

O seguemento na prensa:
- La Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/redondela/2015/10/08/bibliotecaria-chapela-colabora-informatizacion-cabo-verde/0003_201510V8C9995.htm

- Atlántico Diario:
http://www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/toda-experiencia-vital-intensa-nos-hace-mas-fuertes-seguros-independientes/20150930095252494746.html

Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org