PECHE INDEFINIDO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BERGONDO
9 de decembro de 2015
A asociación, xa se puxo en contacto coa Alcaldía de Bergondo a cargo de Alejandra Pérez Máquez, mostrando a nosa indignación e instando a que se corrixa esta situación.

As aclaracións esgrimidas, non abondan para pechar un servizo básico segundo a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases del Réximen Local (obrigatoriedade de biblioteca pública nos concellos de máis de 5.000 hab.)(Datos a 1 de xaneiro de 2014: 6.702 habitantes).

Nin entran en conflicto coa Lei 36/2014, de 26 de diciembre, de Presupuestos Generales del Estado para o ano 2015 xa que no Título III, Capítulo III Artículo 35. Contratación de personal laboral con cargo a los créditos de inversiones, no caso de servizos básicos si se pode facer excepcións e contratacións de persoal. Por non referirnos xa, ao Convenio que ten asinado da Rede de Bibliotecas de Galicia á que pertence donde se estipula que debe contar con persoal suficiente e apropiado.

Polo tanto, cremos que ten dúas opcións:
- Distribuir persoal adscrito ao concello cunhas condicións mínimas de coñecementos na materia ou ben
- Contratación de persoal laboral temporal.

Esperamos que recapaciten e se teña en conta estas aclaración polo ben de todos os veciños e usuarios do Concello de Bergondo
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org