FUNDACIÓN EUSEINO: FILOSOFÍA NAS BIBLIOTECAS
4 de maio de 2016
Acaban de convocar para bibliotecas públicas o programa "FILOSOFÍA NAS BIBLIOTECAS" desde a Fundación Euseino, unha fundación non lucrativa independente, declarada de interese cultural e de interese galego pola Xunta de Galicia, e que inicia agora as súas actividades.

A convocatoria "Filosofía nas Bibliotecas", a través da Fundación Euseino propón e financia unha serie de conferencias de filósofos e filósofas galegos sobre temas de actualidade.

As bibliotecas que soliciten participar neste programa soamente teñen que albergar o acto na súa sede, xa que a Fundación corre cos gastos dos conferenciantes, desprazamento incluído. Para máis información véxase a ligazón https://euseino.org/fundacion-euseino/convocatorias/

Quedámoslles moi agradecidos por calquera axuda que poidan prestar para a difusión desta iniciativa.

Moi cordialmente, Carlos Lema Presidente Fundación Euseino

https://euseino.org/fundacion-euseino/


Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org