Concello de Tui. Dous Auxiliares Administrativos para biblioteca por 6 meses
Outra denominación máis.
18 de decembro de 2017
BOPPO 13 de decembro de 2017

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Municipal
Tui

Persoal, oposicións

CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN DE DOUS AUXILIARES ADMINISTRATIVOS PARA A BIBLIOTECA A TEMPO PARCIAL E POR 6 MESES

CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, A TEMPO PARCIAL, DE DOUS AUXILIARES ADMINISTRATIVOS PARA A BIBLIOTECA. PROCESO EXPEDIENTE 2733/2017

Con data 01 de decembro de 2017, aprobouse, por Resolución desta Alcaldía, as Bases de selección para a contratación laboral temporal, a tempo parcial, de dous auxiliares administrativos para a biblioteca do Concello Tui por seis meses.

As instancias polas que se solicita formar parte en cada proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4º da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de cinco días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín oficial da provincia de Pontevedra

As bases íntegras, publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tui e na súa páxina web, www.concellotui.org

Tui, a data da sinatura dixital a marxe.

O Alcalde,

Carlos Vázquez Padín
Documentos relacionados
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org