REUNIÓN DA PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN CO VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, ANTÓN VEIGA OUTEIRO.
Tivo lugar no Museo do Mar de San Cibrao o mércores día 14 de setembro ás 20:30 horas
FOZ, 15 de setembro de 2011
Na entrevista puxemos sobre a mesa as necesidades das Bibliotecas Municipais e a maneira que a Deputación nos pode axudar coa creación de actividades exclusivas para as bibliotecas máis pequenas.
O compromiso por parte de Antón Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, é a de continuar a colaboración con esta Asociación, loitando aínda así, en contra dos recortes que para este ano en materia de Cultura, terá este organismo.
O noso agradecemento público pola súa colaboración.
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org