RECORTES NO CONCELLO DE AMES: DESPIDO DE PROFESIONAIS BIBLIOTECARIOS
Afectan a profesionais da Biblioteca Pública Municipal: dúas animadoras de promoción da lectura, un programador de animación á lectura e un axudante técnico de bibliotecas.
17 de novembro de 2011
En relación á información dun compañeiro sobre a situación de recortes no Concello de Ames, enviamos a seguinte nota ao Gabinete de Alcaldía:


Vista a proposta de Alcaldía no referente aos recortes que ao servizo de Bibliotecas e Animación se propón, esta Asociación comunica:

Que en ningún caso está dacordo con este recorte por considerar a Biblioteca Pública como un referente na actividade formativa e informativa do Concello de Ames

Que lóxicamente a actividade desa Biblioteca Pública Municipal se verá afectada polos recortes

Que si é de obriga da Administración Local, segundo a Lei 14/1989, de 11 de octubre, de Bibliotecas de Galicia e a Lei de Réxime Local a Biblioteca Pública, o que implica unha boa organización, persoal cualificado e actividades de promoción á lectura, que son o seu fin.

Que a Cultura, si é necesaria e imprescindible, e máis en época de crise e cun coste moi inferior a outro tipo de gastos con réditos máis instantáneos e non a medio ou longo prazo que é como se traballa no eido cultural.



Por todo isto, esperamos que sopese a súa proposta e non leve a cabo un recorte tan drástico no referenta á Biblioteca Pública Municipal de Ames.



Un saúdo















Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org