CLUB DE LECTURA VIRTUAL http://falemosdelecturas.wordpress.com/
Interesante iniciativa
9 de decembro de 2011
Estimado/a bibliotecario/a, un pequeno grupo de persoas afeccionadas á lectura decidímonos a crear un blogue coa intención de crear algo similar a un club de lectura virtual, pode participar calquera persoa.
Queremos solicitar a túa colaboración para -se o consideras oportuno- divulgues o blogue entre os lectores da túa biblioteca que poidan estar interesados.
O blogue chámase Falemos de lecturas e o enlace do blogue é: http://falemosdelecturas.wordpress.com/

Este blogue diríxese a todas as persoas interesadas en compartir lecturas a través de Internet.

Leremos unha obra ao mes e participarase deixando os comentarios no blogue. Asemade, pode haber actividades adicionais que iremos propoñendo.



En decembro estamos lendo Sunset Park de Paul Auster e as próximas lecturas serán:

Xaneiro - Ninguén, Fran Alonso

Febreiro – A neta do señor Linh, Claudel

No blogue ven máis información ao respecto pero se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto con nos neste email falemosdelecturas@gmail.com
Un cordial saúdo e grazas do grupo "Falemos de lecturas"
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org