PROGRAMA DE COFINANCIAMENTO PARA MELLORA DAS COLECCIÓNS BIBLIOGRÁFICAS NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS PARA O ANO 2012
Do 20 de decembro ata o día 31 de xaneiro de 2012
20 de decembro de 2011
PROGRAMA DE MELLORA DAS COLECCIÓNS BIBLIOGRÁFICAS DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS DURANTE O ANO 2012

Este programa comprende dous ámbitos de actuación:

1. Cofinanciamento de fondos bibliográficos: ten por obxecto posibilitar á adquisición de novidades e dar cumprida resposta ás demandas dos usuarios. O investimento da Consellería de Cultura e Turismo calcularase en función de dous criterios básicos, poboación e implicación municipal. A fórmula elixida permite que obteñan mais axuda porcentual os concellos de menor poboación e con menos recursos; a implicación municipal mídese polo gasto previsto para adquisicións bibliográficas con destino á axencia de lectura/biblioteca municipal para o ano 2012 e, polo tanto, as axudas serán maiores canto maior sexa a inversión.

2. Promoción do libro en galego: distribución dos libros adquiridos no programa de Promoción do libro en galego 2012.

Criterios para priorizar o investimento no programa 1:

a) Gasto adquisicións de fondos/habitante previsto: ata 5 puntos
b) Superficie dos espazos destinados ao servizo da biblioteca pública: ata 3 puntos
c) Número de horas de apertura da biblioteca: ata 2 puntos

Criterios para priorizar o investimento nos programas 2

a) Poboación do concello: ata 5 puntos
b) Superficie dos espazos destinados ao servizo da biblioteca pública: ata 3 puntos
c) Número de horas de apertura da biblioteca: ata 2 puntos

No caso de tratarse de axencias de lectura/bibliotecas municipais pertencentes a unha rede municipal, os cálculos faranse sobre o conxunto destas e da poboación municipal total.
Resolución de dúbidas: Tfnos.: / 981 54 50 75 / 981 54 50 75/ 881 999 280, / Lourdes / Marian / Conchi


O ámbito de actuación do Programa de mellora abrangue as bibliotecas municipais que cumpran os seguintes requisitos:

• Na modalidade de cofinanciamento de fondos bibliográficos, realizar gasto para adquisicións bibliográficas con destino a axencia de lectura/biblioteca municipal no ano 2012.
• Estar integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, ou solicitude de integración antes do 1 de febreiro de 2012 (Capítulo V do Decreto 41/2001, 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas).
• Ter cuberta a estatística do 2010
• Que cada unha das axencias de lectura/bibliotecas municipais para as que se solicita axuda estea automatizada, ou solicite integrarse no Programa de automatización de bibliotecas municipais antes do 1 de febreiro de 2012 (adminmeiga@rbgalicia.org).

Aos efectos sinalados, as bibliotecas deberán cumprimentar o formulario de solicitude (www.rbgalicia.xunta.es) antes das 14 horas do 31 de xaneiro de 2012, remitir, antes do 3 de febreiro do 2012, ao Servizo do Sistema de Bibliotecas, sede da Biblioteca de Galicia, Monte Gaias, s/n, 15707 Santiago de Compostela, a atención do Programa de mellora das Bibliotecas) a seguinte documentación:

• Para participar no programa de cofinanciamento de fondos bibliográficos, certificado expedido polo secretario/interventor do gasto a realizar para adquisicións bibliográficas con destino a axencia de lectura/biblioteca municipal no ano 2012 (acorde ao modelo).
• Para o suposto de que a axencia de lectura/biblioteca municipal non estea integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia, copia da solicitude de integración (segundo modelo Anexo IV do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro).
• Para o suposto de que a axencia de lectura/biblioteca municipal non estea automatizada, cursar solicitude de automatización en adminmeiga@rbgalicia.org.

A contía destinada para o programa de cofinanciamento será de 150.000€ para o total das bibliotecas solicitantes, estando supeditado ás dispoñibilidades orzamentarias do exercicio, e tendo en conta que un tercio desta contía terá que ser destinado á merca de libro en galego.

Os beneficiarios do programa 1 deberán xustificar a execución das obrigas contraídas mediante certificado emitido polo secretario/interventor do Concello que acredite ter realizado o gasto comprometido polo Concello en adquisicións bibliográficas con destino a axencia de lectura/biblioteca municipal no ano 2012.



Dita documentación xustificativa deberá ser remitida ao:

Servizo do Sistema de Bibliotecas,
Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela
(A atención do programa de mellora de bibliotecas municipais)
antes do 31 de decembro do 2012.

Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org