21 PREMIOS IRMANDADE DO LIBRO.
A Federación de Libreiros de Galicia, envíanos información sobre estos premios. As Bilbiotecas poden participar en Fomento da Lectura
1 de febreiro de 2012
A Federación de Libreiros de Galicia convoca os 21 PREMIOS IRMANDADE DO LIBRO cos que, un ano máis, quere recoñecer o esforzo realizado a prol do libro e a lectura por persoas, colectivos, entidades e institucións, tanto públicas, como privadas, en Galicia, durante o ano 2011.

Os premios convocados corresponden ás seguintes modalidades: Centros de Ensino, Libro do Ano 2011, Obra Editorial do Ano 2011, Autor, Institución, Fomento da Lectura e Libraría.

A entrega dos premios terá lugar na vila pontevedresa de Lalín, o día 21 de abril de 2012.

O prazo de entrega de traballos e propostas, remata o día 23 de marzo de 2012.

Achegamos as bases das distintas modalidades convocadas.
Documentos relacionados
Fomento da Lectura[ 49 KB ]
Fomento da Lectura
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org