PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA: coordinadores de clubes de lectura da Provincia de Pontevedra
Día 24 marzo ás 17:30 horas. Coordina Biblioteca P. Municipal de Redondela
19 de marzo de 2012
Estimados amigos:
Os coordinadores dos clubs de lectura da provincia de Pontevedra estamos cansos de non vernos as caras!!!, polo tanto decidimos facer un encontro clublecturístico este sábado 24 de marzo no Pazo dá Cultura de Pontevedra, onde está ubicado o Salón do Libro , co fin de coñecernos, intercambiar opinións e experiencias e o que o futuro nos depare.
Por iso, se es coordinador/ra nunha biblioteca pública, centro cultural ou social, asociación de veciños ou cun grupo de amigos, agardámoste!

O lugar de encontro será a porta principal do devandito Pazo ás 17:30 h.

Se queres vir, podes contactar con Elena na Biblioteca P. Municipal de Redondela Tfno. 986 40 15 61 ou ben a través do correo electrónico bibliotecaredondela@redondela.es

Enlace do Pazo da Cultura http://www.pazodacultura.org/instalacions/pazo-da-cultura/

Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org