RESOLUCIÓN DO PLAN DE COOFINANCIAMENTO
ACEPTACIÒN ANTES DO 20 DE ABRIL. SELECCIONAR ANTES DO 27 DE ABRIL
30 de marzo de 2012
1. Aceptación por escrito antes do 20 de abril, do compromiso de Participación no financiamento das adquisicións.




2. Seleccionar, antes do 27 de abril, o provedor/es nos que se desexa facer as adquisicións e asignarlle/s un orzamento de compra, na aplicación de Selección de librería/distribuidor sita no Portal da Rede de Bibliotecas
http://rbgalicia.xunta.es/index2.php?ap=20&subApartado=42.






As factura electrónica debe facerse a nome de:
no cadro DESTINATARIO seleccionar,
Conselleria: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Organo de contratación: Secretaria Xeral de Cultura
Unidad de contratación: Subdirección Xeral de Bibliotecas.





No cadro RECEPTOR,
CIF S-1511001-H
No cadro DATOS FACTURA, entro outros datos tamén ten que constar no campo descripción:
Nome da biblioteca á que se fai entrega dos documentos adquiridos.




No cadro LIÑAS DE FACTURA,
Expresión individualizada dos documentos adquiridos.




O importe total da factura non pode superar os 18.718 euros (IVE engadido) para un mesmo provedor.




O/a bibliotecario/a unha vez comprobadas as facturas terá que comunicar ao provedor que pode tramitalas por facturación electrónica* e remitir certificado** de conformidade das mesmas ao seguinte enderezo.




Servizo do Sistema de Bibliotecas
Biblioteca de Galicia
Cidade da Cultura
Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela
A atención de: Programa de cofinanciamento das adquisicións.
Data límite de recepción das facturas e certificados: 29 de xuño de 2012 .



Si se trata de librerías ou entidades que facturan por vez primeira a esta Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, precisase así mesmo a seguinte documentación:

Certificado orixinal da conta bancaria
Fotocopia do CIF/NIF.




* A factura electrónica é un equivalente da factura en papel e consiste na transmisión das facturas ou documentos análogos entre emisor e receptor por medios electrónicos e telemáticos.
Un novo portal electrónico implantado pola Xunta de Galicia (www.conselleriadefacenda.es/factura) destinado a que as empresas provedoras, poidan rexistrar as facturas dun xeito telemático. Para máis información chamar CIXTEC 981541300.




** No modelo de certificado debe constar



Nome e apelidos do (director, bibliotecario ou persoa responsable da biblioteca) da Biblioteca Municipal de (nome da biblioteca)
CERTIFICA
A factura/s nº ..... da...(nome da libraría, editorial ou distribuidor) con CIF:.... correspondese co material entregado nesta biblioteca e conforme o importe establecido.
E para que conste os efectos oportunos asino a presente en ... a (data).....


Sinatura da persoa que certifica e selo da biblioteca

Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org