PRESENTACIÓN DOS 50 PANEIS CONMEMORATIVOS DO 50 ANIVERSARIO DAS LETRAS GALEGAS
A RAG invita a todos os bibliotecarios municipais a acudir ao acto. Xardíns de San Carlos da Coruña. Venres día 1 de xuños ás 19:30 horas. Adxuntamos os carteis conmemorativos. Vota una ollada
30 de maio de 2012
Acto de presentación dos 50 carteis conmemorativos
do cincuenta aniversario do Día das Letras Galegas


A Real Academia Galega presenta, o venres día 1 de xuño ás 19:30 horas, no xardín de San Carlos da Coruña, os 50 carteis conmemorativos do cincuenta aniversario do Día das Letras Galegas.



A Real Academia Galega, co fin de achegar a un público amplo a dimensión e significado do 50 aniversario do Día das Letras Galegas, desenvolveu unha serie de actividades celebratorias ao redor desta data. Entre elas a elaboración de cincuenta carteis, cada un deles dedicado a unha das figuras homenaxeadas durante estes cincuenta anos, de Rosalía a Paz Andrade.

Para levar adiante esta iniciativa contouse coa colaboración desinteresada e xenerosa de varios colectivos profesionais e dos seus asociados:



- A Asociación Galega de Deseñadores (DAG). Entidade que encomendou entre os seus asociados a realización das cincuenta pezas.

- A Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELGA) encargoulles a cincuenta escritores/as a redacción de cincuenta frases que se incorporaron a cada un dos cincuenta carteis.

- A Asociación Galega de Artes Gráficas realizou a impresión dos carteis.

- Torras Papel forneceu o papel.

- A Asociación Galega de Editores asumiu a distribución das coleccións de carteis en librarías e bibliotecas.

- A Federación Galega de Libreiros comprometeuse a promover desde as librarías a difusión dos carteis.

- A Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia e ANABAD-Galicia promoven a difusión dos carteis e organizan actos relacionados coa efeméride.



Durante a presentación desta iniciativa estarán expostos os carteis realizados.



Axúntase pdf co desenvolvemento do acto. Rogámoslles a máxima difusión entre os seus asociados.



Atentamente,

Secretaría de Presidencia
Real Academia Galega (RAG)
Rúa Tabernas, 11
Apartado de Correo 557
15001 - A Coruña
Teléfono: 981 20 73 08
Fax: 981 21 64 67
secretaria@realacademiagalega.org
www.realacademiagalega.org



Documentos relacionados
Invitación[ 248 KB ]
Invitación
Todas as Letras[ 4.5 MB ]
Todas as Letras
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org