ESTATÍSTICAS ANO 2012. IMPORTANTE NON ESQUECERSE.
Apertura de introducción de datos: 15 de xaneiro ao 28 de febreiro
16 de xaneiro de 2013
Comunicamos que se abre o prazo de recollida de datos estatísticos correspondentes ó ano 2012.

Como sabedes, as estatísticas de bibliotecas públicas recóllense dende hai varios anos como parte dun proxecto conxunto entre as Comunidades Autónomas e o Ministerio de Cultura.

Para a introducción dos datos correspondentes ó ano 2012 abriremos o prazo desde o 15 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2013.

Insistir no gran interés de contar cos datos de tódalas bibliotecas e avanzar na mellora da sua consistencia, a fin de obter un panorama completo de toda Galicia así como dispor de indicadores normalizados que permitan fixar políticas de fomento e avanzar no mapa e no plano de bibliotecas públicas.

Tamén queremos remarcar que cubrir o formulario da estatística anual é un dos requisitos para poder participar nos programas de cofinanciamento cos concellos da Consellería de Cultura e Turismo.

O aceso ao formulario da estatística 2012 faise a través do Portal da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, no epígrafe correspondente a Estatísticas e informes, Aceso ó Formulario de estatísticas 2012: http://www.rbgalicia.xunta.es

Para cubrir o formulario cada punto de servizo necesita unhas claves e password. Seguen sendo válidas as remitidas o ano pasado.
Todos aqueles puntos de servizo que non recibiran aínda as claves e password poden solicitalas enviando un correo electrónico a estatisticas.bibliotecas@xunta.es


En caso de dúbida podedes chamar ó teléfono 902 922 349 ou enviar un correo electrónico a estatisticas.bibliotecas@xunta.es

Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org