LER CONTA MOITO
Ábrese o prazo para a participación das bibliotecas públicas no programa de animación á lectura, Ler conta moito. O prazo para a solicitude de actividades e aceptación das bases da convocatoria será do 27 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2014.
27 de xaneiro de 2014
Bases da convocatoria e o acceso para a solicitude en axudas e subvencións.

http://rbgalicia.xunta.es/

BASES DE PARTICIPACIÓN DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS
A través do programa Ler conta moito a Secretaría Xeral de Cultura da
Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria pon á
disposición da Rede de Bibliotecas de Galicia un catálogo de actividades de
dinamización da lectura para que, segundo as preferencias e necesidades
de cada biblioteca, poidan acollerse ao programa de acordo cos seguintes
requisitos:
1. Adhesión ao programa Ler conta moito
1.1 As bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, ou con
solicitude de integración antes da convocatoria do programa, que desexen
participar en Ler conta moito 2014 deberán cursar un escrito de
aceptación das bases de participación e do sistema de xestión do
programa. Este escrito de aceptación debe estar asinado polo alcalde ou o
concelleiro con responsabilidades delegadas, e dirixirase ao seguinte
enderezo:
Servizo do Sistema de Bibliotecas
Biblioteca de Galicia
Cidade da Cultura
Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela
2
1.2 O prazo de admisión de escritos de aceptación remata o 11 de febreiro
de 2014.
2. Solicitude de actividades do programa
2.1 As bibliotecas interesadas en programar actividades de animación á
lectura no marco do programa Ler conta moito deberán cubrir o
formulario electrónico de solicitude.
O prazo de solicitude será: do 27 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2014,
ambos inclusive.
2.2 As bibliotecas deberán realizar as súas propostas de programación
sobre a base do Catálogo ler conta moito 2014, de actividades de
animación á lectura, que a Secretaría Xeral de Cultura ten a súa
disposición na páxina www.rbgalicia.xunta.es
2.3 As bibliotecas deberán solicitar e programar un mínimo de dúas
actividades, tendo en conta que a Xunta de Galicia financiará un máximo
de 850 € por biblioteca. Esta cantidade poderá ser minorada en función do
número de solicitudes recibidas.
2.4 O período de programación de actividades comprenderá do 3 de
marzo ao 27 de outubro do 2014
2.5 Para participar na edición 2014, a biblioteca solicitante deberá achegar
a seguinte documentación:
a. Planificación de actividades 2014 da biblioteca
3
b. Memoria de actividades desenvolvidas en 2013 de acordo co
seguinte esquema:
- Breve descrición da programación de actividades
- Calendario de realización
- Orzamento
- Destinatarios (ámbito territorial, número de destinatarios,
niveis de ensino e/ou colectivos sociais).
3.- Obrigas das bibliotecas no desenvolvemento do programa
As entidades públicas e demais persoas xurídicas titulares das bibliotecas
adheridas ao programa Ler conta moito estarán obrigadas a:
3.1 Poñer á disposición dos profesionais dinamizadores as infraestruturas
necesarias para o desenvolvemento efectivo de cada actividade
contratada. As actividades deberán desenvolverse axeitadamente nos
espazos da biblioteca ou espazos anexos para manter unha relación clara
entre o servizo bibliotecario e a actividade de promoción da lectura.
3.2 Organizar puntualmente cada función. Cada programación deberá ser
confirmada no formulario electrónico correspondente e garantirase a
actualización permanente do calendario do programa Ler conta moito.
3.3 Colaborar no desenvolvemento de accións complementarias á
actividade programada, para maior aproveitamento da mesma. Para isto
contará con propostas definidas no proxecto da actividade incluída no
catálogo. A biblioteca velará por establecer unha relación directa e
explícita cos seus fondos (libros, música, información na rede, publicacións
periódicas etc.), de maneira que se favoreza un interese posterior por
4
parte dos participantes, ou que se lles facilite, de maneira sutil e lúdica,
información sobre o uso da biblioteca.
Todos os gastos derivados das tarefas complementarias, así como da
difusión local corresponderanlle á entidade titular da biblioteca.
3.4 Incorporar o logotipo do programa en todas as accións de difusión
e/ou actividades complementarias ao programa.
3.5 Cargar directamente no blog do programa Ler conta moito unha imaxe
que visibilice como foi o desenvolvemento da actividade na biblioteca así
como un comentario explicativo que a acompañe, ao remate da actividade
ou nos cinco días posteriores.
3.6 Cumprimentar a avaliación da actividade desenvolvida, en formato
electrónico, na que se fai referencia a satisfacción e incidencias, así como
comentarios que considere de interese para outros programadores.
A cumprimentación farase conforme co procedemento establecido polo
Servizo do Sistema de Bibliotecas, nun prazo non superior aos cinco días
hábiles inmediatamente posteriores á celebración da actuación.
3.7 Facilitarlle a certificación da biblioteca de realización da función, ao
seu remate, ao dinamizador/a.
3.8 Todo o acompañamento e difusión das actividades do programa Ler
conta moito farase en galego.
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org