A ASOCIACIÓN DEFENDE OS INTERESES DA BIBLIOTECA NO CONCELLO DE CALDAS DE REIS
Propoñen unha R.P.T. coa que non estamos dacordo
17 de marzo de 2014
O concello de Caldas de Reis está co borrador da RPT (Relación de postos de traballo) coa que non estamos dacordo no seu desenvolvemento organizativo. Cremos que non se respecta a identidade da biblioteca municipal que debe ter o seu propio organigrana organizativo e a súa propia dirección.

Explicando as nosas queixa a Alcaldía e Concelleira de Cultura, estamos á espera de noticias para continuar coa loita coa empresa que leva a cabo a RPT.

EXTRACTO DO ENVIADO:

"O posto de Bibliotecario é singularizado e as súas funcións comparten tarefas de coordinación cultural e difusión de coñecementos propios dun técnico específico sen ter que depender doutra praza que non viría máis que a dobrar esa característica e a entorpecer o servizo. Máis incluso, debido ao carácter de dirección que pode ter sobre outras prazas de inferior categoría dependentes da Biblioteca : Axudantes, auxiliares e que a fan de todo incoherente Esta decisión tampouco implica ningún empeoramento das funcións de coordinación doutro persoal nin menor retribución. Polo que tampouco vemos inconveniente nin prexuízo algún neste senso, nin persoal nin técnico.
Polo tanto, QUEREMOS MANIFESTARLLE A NOSA DISCONFORMIDADE co organigrama proposto por esa Alcaldía coa empresa Galivalia, xa que é incomprensible que poida haber varias direccións como na Escola de Música e logo outra dirección máis a cargo dun coordinador (acaso que tamén sexa técnico especialista con carreira de música, ou na de biblioteconomía e documentación).

É por todo isto, que SOLICITAMOS, sexan tido en conta as consideracións expostas e se proceda a MODIFICAR esta proposta e se concrete a Biblioteca Pública Municipal como UNIDADE INDEPENDENTE dentro do Departamento de Cultura co seu propio responsábel. Nada extraordinario por outra banda, xa que esta mesma empresa que está a xestionar a RPT, xa o ten feito noutros concellos sen ningún impedimento.

Esperamos que primen os intereses técnicos e non os políticos nin de “agradecementos persoais” aos que estamos tan acostumados ultimamente. É a nosa obriga defender os intereses dos nosos bibliotecarios e que este tipo de prácticas, non prexudiquen o ben facer do persoal e o seu futuro."



Xa está ben de pisarnos e de non respetar aos nosos profesionais!!!

Seguiremos informando.

(fotografía da páxina web:www.caldasdereis.com)
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org