PREMIOS MARÍA MOLINER
BOE do 21 de abril de 2014. Nº 96
21 de abril de 2014
BOE Nº. 96 – LUNS, 21 DE ABRIL DE 2014



MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE

Resolución do 8 de abril de 2014, da Secretaría de Estado de Cultura, pola que se convoca o concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes e se convocan as axudas en concorrencia competitiva consistentes en lotes de libros, correspondentes ao ano 2014. [2]

OBXECTO E FINALIDADE.
1. Mediante a presente resolución convócase para o ano 2014, o concurso de proxectos da Campaña María Moliner de animación á lectura realizados polas bibliotecas públicas de en municipios de menos de 50.000 habitantes.
2. A presente convocatoria ten por obxecto incentivar as accións de animación á lectura de nenos e mozos, de eficiencia e labor bibliotecaria, así como de integración social nas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes.
3. Dito concurso consistirá na entrega dun máximo de 300 lotes de libros ás bibliotecas dos municipios cuxos proxectos sexan seleccionados, así como no outorgamento de premios en metálico ás tres bibliotecas municipais dos municipios que obteñan a mellor puntuación.
Os lotes de libros destinaranse a formar parte da colección permanente das bibliotecas municipais cuxos proxectos sexan seleccionados.

Ademais dos lotes de libros, os tres mellores proxectos seleccionados recibirán un premio especial en metálico que financiará a Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña, cuxa contía será a seguinte:

-Mellor proxecto de animación á lectura a municipios de hasta 5.000 habitantes, dotado con 12.000 euros.
-Mellor proxecto de animación á lectura a municipios de entre 5.001 y 20.000 habitantes, dotado con 12.000 euros.
-Mellor proxecto de animación á lectura a municipios de entre 20.001 y 49.999 habitantes, dotado con 12.000 euros.

BENEFICIARIOS .
Poderán acceder á presente convocatoria aqueles concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan unha biblioteca pública a cargo da cal haxa persoal.
Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles que se encontren nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LGS), ou sexan debedores por reintegro de subvencións nos termos previstos no artigo 21 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de dita Lei (RLS).

REQUISITOS.
1. Cada concello que desexe participar deberá presentar un único proxecto novo no que se reúnan actividades de animación e fomento da lectura, exposición das boas prácticas de labor bibliotecaria e a integración social de grupos de aqueles segmentos de poboación máis desfavorecidos, tales como inmigrantes, discapacitados, persoas con mobilidade reducida ou poboación en risco de exclusión social, entre outros.
2. O proxecto deberá realizarse ou haberse realizado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014.
3. O proxecto poderá presentarse en castelán ou en calquera outra lingua que sexa igualmente oficial na comunidade autónoma na que radique o concello, co seu correspondente tradución ao castelán.

PRAZO.
O prazo de presentación de proxectos será de 25 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org