A ASOCIACIÓN PARTICIPA NO FORO REIMPRÍMETE DA ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES E O CLUSTER DO PRODUCTO GRÁFICO E DO LIBRO GALEGO
Día 23 de abril ás 11:00 horas na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela
21 de abril de 2014
Nova convocatoria do FORO REIMPRÍMETE, realizada pola Asociación Galega de Editores e o Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, que terá lugar o 23 de abril, Día Internacional do Libro, conta coa adhesión das seguintes entidades e institucións:

- Federación de Librarías de Galicia
- GALIX ( Asociación Galega da Literatura Infantil e Xuvenil)
- AELG ( Asociación de Escritores en Lingua Galega)
- AGPI ( Asociación de Ilustradores de Galicia)
- PEN Club de Galicia
- MARKEA (Asociación Galega de Marketing)
- Asociación de Bibliotecarios Municipais de Galicia
- AEAGG (Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia)
- AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación)
- Asociación de Periodistas de Galicia
- Colexio de Xornalistas de Galicia
- DAG (Asociación Galega de Deseñadores)
- Agrupación de Distribuidores de Libros y Ediciones en Galicia (ADILE)
- Consorcio Editorial Gallego.
- ANABAD (Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia)

Ademais de empresas do sector da distribución de libros e publicacións, editoriais, impresoras, deseñadores e outros integrantes dos sectores convócantes, así como outras organizacións, institucións e entidades que se sumarán nos próximos días.

O acto, que terá lugar nas instalacións da Fundación Caixa Galicia en Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela ás 11:00 horas da mañá, contará coa presentación e lectura dun manifesto que correrá a cargo da escritora Rosa Aneiros, documento que reivindicará a importancia cultural, educativa e socioeconómica do papel, do libro e da propiedade intelectual dentro do proceso de hibridación que se establece coa intervención dos novos soportes tecnolóxicos.

Intervirán tamén os dous presidentes das entidades convocantes e o resto dos representantes das entidades e organizacións adheridas.

Moderará as intervencións o xornalista e presidente do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro.
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org