SEMANA CULTURAL ACERCÁNDONOS AO XAPÓN: organizado pola Biblioteca do Saviñao.
Do 26 ao 31 de maio. NORABOA POLO BO TRABALLO
21 de maio de 2014
De luns a venres os obradoiros faranos Dolores Guitián e mais eu coa colaboración de persoas voluntarias algún dos días. O programa definitivo é este:

Luns 26 maio Pantón e Monforte
16.00 Centro de Día de Pantón
18.00 Centro Mayores Fundación NCG Monforte

Martes 27 maio Monforte
16.00 CRD AGORA-Monforte
17.30 Asociación PRODEME
19.00 Biblioteca de Monforte

Mércores 28 maio Sober
19.00 Biblioteca de Sober

Xoves 29 maio Chantada
17.00 Biblioteca de Chantada
18.30 Residencia GERIATROS de Chantada

Venres 30 maio Escairón
17.00 Vivendas Comunitarias do Saviñao en Escairón

Sábado 31 maio Auditorio Municipal do Saviñao
11:00 (recomendado para público adulto)
Mesa redonda sobre terremotos. Participan o arquitecto municipal Marcos Sánchez con Arquitectura e terremotos, Dolores Guitián con Terremoto, que fago? e Minako Takahashi con Os terremotos na escola.
Presentación da novela Ronin de Francisco Narla.
Sinatura e venda de exemplares ó rematar.

17:00 (recomendado para tódolos públicos)
Contacontos bilingüe e sesión de aproximación ó origami,
Presentación do conto O meu marabilloso sombreiro de Akiko Ishihara, traducido e ilustrado por Suevia Sobral, coa técnica tradicional do kamishibai, coa tradutora e Ryusuke Ishihara (fillo da autora).
Sinatura e venda de exemplares ó rematar.
Documentos relacionados
Programa da Semana Cultural[ 1.9 MB ]
Programa da Semana Cultural
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org